Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 18 de abril de 2000 Páx. 6.438

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña para a corrección de erros nas táboas salariais do ano 2000.

Visto o texto da acta asinada o día 2 de marzo de 2000 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hostalería da provincia da Coruña, integrada en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago de Compostela e Comarca, Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña, Asociación de Empresarios de Hostelería de Ferrol e Hospeco e da parte social por CC.OO e UXT con fin de corrixir erros detectados na confección das táboas salariais do ano 2000 na sección cuarta: Cafetería, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta

delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de marzo de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, o 2 de marzo de 2000, renóvase nos locais da Asociación Provincial de Empresarios de

Hostelería a comisión paritaria do convenio colectivo do sector integrado na parte patronal polas asociacións empresariais da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela (hospedaxe e restauración) e Hospeco, representadas todas elas polo letrado Enrique Cornide Rodríguez e pola parte social integrada polas centrais sindicais UXT, representada por Miguel Cajigal Fariña e por CC.OO, representada por Elvira Martínez Rial que adoptan o seguinte acordo:

Único: que unha vez coñecido o erro padecido na confección das táboas salariais do ano 2000, en concreto na sección cuarta: cafeterías, procédese á súa corrección asinándose neste acto as novas táboas salariais da dita sección cuarta: cafeterías, do convenio colectivo.

Sen máis asuntos que tratar, asínano.

Sección cuarta

Cafeterías

Categorías profesionais3 cuncas

Salario base

2 cuncas

Salario base

1 cunca

Salario base

Primeiro encargado132.363126.365121.129
Segundo encargado130.233124.582121.129
Dependente127.516122.491119.392
Axudante124.816120.750117.845
Aprendiz de 16 a 18 anos35.89085.89085.890
Auxiliar de caixa116.297115.324115.324
Cociñeiro121.911116.357115.324
Axudante de cociña116.297115.324115.324
Reposteiro124.816120.750117.845
Cafeteiro ou axudante116.877115.324111.883
Axudante reposteiro116.877115.324111.883
Encargado de almacén116.297115.324115.324
Pranchista121.699116.877115.324
Axudante de pranchista116.357115.324111.883
Aprendiz de 16 a 18 anos85.89085.89085.890
Telefonista119.203119.203119.203
Mecánico/calefactor ou porteiro116.297115.324115.324
Fregadeiro/limpador115.324115.324115.324
Contable127.516
Caixeiro122.174
Oficial de contabilidade124.425120.750119.392
Auxiliar121.911119.099116.279
Mozo de almacén115.324115.324115.324