Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.414

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PARA O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2000 pola que se convoca o proceso de selección para ingreso no cadro de persoal laboral fixo da fundación.

En cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro (Diario Oficial de Galicia nº 227, do 20 de novembro) de actuación de entes e empresas nas que teñen participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, resólvese convoca-lo proceso selectivo para o persoal laboral fixo da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Convócase unha (1) praza, para o Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira (CIS Madeira), de xefe de área.

Requisitos mínimos que deberán acreditarse:

-Titulación universitaria en enxeñería de montes, especialidade de industrias forestais, enxeñería superior en tecnoloxía da madeira e/ou ciencias e tecnoloxía da madeira.

As funcións que se realizarán son as seguintes:

Propoñer á dirección do centro os proxectos e actividades que se realizarán, no sector da madeira, na área da súa competencia, cos orzamentos necesarios para levalos á práctica.

-Responsabilizarse do desenvolvemento dos proxectos e traballos técnicos e científicos, no sector da madeira, previstos na súa área, aprobados polo director do centro, e adopta-las medidas necesarias para executalos.

-Organizar e controla-los traballos da súa área.

-Supervisar e coordina- las distintas unidades ó seu cargo.

-Propoñer ó director do centro os servicios, asistencias técnicas ou subministracións necesarias para o desenvolvemento das actividades da súa área, de acordo cos procedementos e actuacións na xestión administrativa do centro.

-Da Área de Información, Formación, Promoción e Estudios dependen as unidades relacionadas co sistema de información, a de formación, estudios do sector da industria da madeira, a promoción dos productos de madeira, así como o apoio á xestión do propio centro, as que, pola súa vez, están divididas nas correspondentes seccións en función das tarefas específicas que se desenvolverán, de acordo co organigrama funcional do centro.

Requisitos xerais:

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita- la titulación académica exisida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Documentación que se presentará:

-Solicitude, segundo modelo presentado como anexo I.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Currículum vitae con documentación orixinal ou fotocopia* que acredite a titulación, formación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. A omisión da documentación acreditativa de calquera mérito eliminará este da súa correspondente valoración. Acreditarase a experiencia laboral con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

* Aqueles que presenten fotocopias sen compulsar e accedan á fase da entrevista persoal deberán achega-los orixinais ó obxecto de cotexa-las copias presentadas.

Lugar de presentación e de publicación de anuncios. Prazo de presentación de solicitudes:

-As solicitudes serán dirigidas ó presidente do Consello de Dirección da Fundación e presentaranse ou remitiranse por correo certificado ás oficinas de servicios centrais da Fundación sitas na rúa Varsovia nº 4C 2ª planta -Área Central- 15703 Santiago de Compostela; ou ben na propia sede do CIS Madeira no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, 32901 Ourense.

-O prazo de presentación será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Proceso de selección:

1. A selección, de conformidade co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, será efectuada por unha comisión designada para o efecto (anexo II).

2. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas pre

vias de admitidos e excluídos do proceso de selección, con indicación da causa de exclusión, se for o caso, establecéndose un prazo de 10 días hábiles para, por petición do interesado, reparar calquera erro que sexa corrixible.

3. As probas, para todas aquelas persoas que cumpran os requisitos mínimos esixidos, consistirán nun concurso de méritos, unha proba escrita e unha entrevista persoal.

a) Concurso de méritos. Avaliaranse os méritos de cada candidato segundo o baremo do anexo III, ata unha puntuación máxima de 20 puntos. Pasarán a proba escrita todos aqueles que obteñan como mínimo 10 puntos nesta valoración.

Unha vez valorados os requisitos mínimos publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos da proba escrita, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provistos do seu DNI. Estas listas serán publicadas nos taboleiros de anuncios dos enderezos anteriores.

b) Proba escrita. Tratará sobre o temario incluído como anexo IV, a cal haberá que superar para pasa-la entrevista persoal. A puntuación máxima que se poderá obter na proba é de 10 puntos. Requirirase un mínimo de 5 puntos para pasar á seguinte proba.

A proba escrita poderase realizar nunha ou dúas fases (tipo test e/ou temas que se van desenvolver), a criterio do comité de selección.

A proba escrita incluirá a traducción para o castelán dun artigo relacionado coa industria da madeira desde un idioma estranxeiro que escollerá o candidato (entre inglés, francés ou alemán). A dita traducción pasarase a soporte informático en formato Word-97.

No caso de dividila en dúas fases, cada fase valorarase ata un máximo de 10 puntos, debendo superar cada fase cun mínimo de 5 puntos. A valoración final obterase por media aritmética da puntuación obtida en cada unha das fases.

Unha vez corrixida a proba escrita, o comité de selección publicará a lista de aprobados, incluíndo o lugar e data no que se realizarán as entrevistas persoais.

c) Entrevista persoal. Valorarase a adecuación do candidato ó perfil da praza en relación cos aspectos de toma de decisións, dirección técnica de proxectos e capacidade de relación humana. Valorarase ata unha puntuación máxima de 10 puntos.

A puntuación final do proceso de selección obterase por suma dos puntos obtidos na fase de concurso de méritos (máximo 20 puntos), na proba escrita (máximo 10 puntos) e na entrevista persoal (máximo 10 puntos).

4. Unha vez finalizado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome da persoa seleccionada nos taboleiros de anuncios da funda

ción, facendo consta-la data de ingreso, así como a documentación complementaria que deberán entregar para formaliza-lo contrato, o cal terá carácter de laboral fixo, suxeito ó período de proba regulado no artigo 14 do Estatuto dos traballadores, actuando como órgano de contratación da fundación o Consello de Dirección a través do seu presidente.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2000.

José Manuel González González

Presidente do Consello de Dirección da Fundación

para o Fomento da Calidade Industrial

e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO I

SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN PARA

O INGRESO NO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO DA FUNDACIÓN PARA

O FOMENTO DA CALIDADE INDUSTRIAL E DESENVOLVEMENTO

TECNOLÓXICO DE GALICIA

Praza á que opta:

Datos persoais:

Primeiro apelido Segundo apelido

Nome DNI

Enderezo

Localidade Provincia Cód. postal

Teléfono Data de nacemento

Localidade Provincia

Nacionalidade Nº afiliación á Seg. Social

Titulación

Declaración xurada:

O abaixo asinante declara baixo xuramento non padecer enfermidade ou defecto físico que lle impida desempeña-las funcións correspondentes ó posto de traballo da praza á que opta, e non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Lugar e data

Asinado:.............................

Presidente do Consello de Dirección da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

ANEXO II

COMISIÓN DE SELECCIÓN

1. A comisión de selección estará formada por:

a) Presidente: o presidente do Consello de Dirección.

b) Secretario: o secretario do Consello de Dirección.

c) Vocal: o secretario do Patronato.

d) Vocal: o director do Centro de Innovación e Servicios Tecnolóxicos da Madeira.

e) Vocal: 1 representante do CIS da Madeira con rango de xefe de área.

f) Vocal: 1 representante dos traballadores.

2. Os membros da comisión deberán absterse de intervir, notificándollo ó presidente, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, ou que realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitarlles ós membros da comisión de selección declaración expresa de non atoparse incursos nas causas sinaladas de abstención.

Os aspirantes poderán recusa-los membros da comisión de selección cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

3. Para a comisión actuar validamente requirirase, como mínimo, a presencia do presidente, do secretario e dun vocal.

4. Para efectos de comunicación e demais incidencias, a comisión terá como sede as oficinas dos servicios centrais sitas na rúa Varsovia nº 4C, 2ª planta -Área Central 15703 Santiago de Compostela.

ANEXO III

BAREMO PARA O CONCURSO DE MÉRITOS DA PRAZA DE XEFE DE ÁREA

* Experiencia profesional acreditada en posto similar á praza que se pretende cubrir; 0,25 puntos/mes, ata un máximo de 7 puntos.

* Idiomas:

-Estar en posesión dos tres primeiros cursos da escola oficial de idiomas ou titulación equivalente, certificados emitidos por entidade estranxeira (First, Avanced o similar) de ter superado os niveis de coñecemento específicos en inglés, francés ou alemán; 1 punto por cada un dos idiomas acreditados.

-Estar en posesión do título oficial dos cinco cursos da escola de idiomas, Proficiency ou título universitario en filoloxía, nos idiomas inglés, francés ou alemán; 2 puntos por cada un dos idiomas acreditados.

A parte de idiomas extranxeiros non poderá superar un máximo de 5 puntos no seu conxunto.

* Galego:

-Título oficial de iniciación de galego: 1 punto.

-Título de perfeccionamento: 1 punto.

O apartado de galego non poderá superar un máximo de 2 puntos no seu conxunto.

* Estar en posesión do título de doutor: 3 puntos.

* Méritos:

-Realización de proxectos técnicos, traballos de I+D: 0,5 puntos por cada proxecto ou traballo realizado para empresa privada, entidade ou organismo público. Máximo 1,5 puntos.

-Publicación de proxectos ou artigos sobre a tecnoloxía de procesos ou productos da madeira e mobiliario: 0,1 punto por proxecto e artigo publicado en revista especializada da madeira. Máximo de 1 punto.

-0,10 puntos pola participación en cursos, congresos e seminarios da madeira. Máximo 0,5 puntos.

Esta parte dos méritos non poderá superar nunca un máximo de 3 puntos.

ANEXO IV

TEMARIO PROBA ESCRITA

-Coñecementos da madeira.

-Tecnoloxías dos procesos da industria transformadora da madeira.

-Aplicacións de producto da madeira.

-Aplicacións de producto derivado da madeira.

-Xestión da calidade (ISO 9000).

-Normativa de producto no sector da madeira.