Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

Por medio deste edicto faise pública a seguinte licitación:

Entidade adxudicadora: Concello de Sarria (Lugo).

Obxecto do contrato: as obras correspondentes ó proxecto de pavillón polideportivo no Oural.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

Orzamento base de licitación: 51.818.026 pesetas (311.426,99 euros).

Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.

Obtención de documentación e información: Concello de Sarria, rúa Maior, 14, 27600 Sarria. Telf.: 982 53 50 00. Fax: 982 53 09 16.

Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupos 1 ó 4, ámbolos dous incluídos; categoría d).

Presentación de ofertas: vinteseis (26) días naturais, a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise sábado). Hora: 13 horas.

Sarria, 4 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado