Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: realización dun estudio-intervención para analiza-la historia e situación actual do asociacionismo veciñal de cara a crear dinámicas activas de participación.

Tipo de licitación: 3.500.000 pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: os traballos deberán ser formalmente recibidos polo Concello de Santiago de Compostela antes do 30 de novembro de 2000.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte do da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os enumerados por orde decrecente de importancia:

1. Adecuación ós obxectivos xerais: ata 10 puntos.

2. Calidade do proxecto: ata 8 puntos.

3. Experiencia da empresa: ata 6 puntos.

4. Capacidade da empresa: ata 4 puntos.

5. Menor prezo: ata 2 puntos.

Garantías: definitiva: 4 por cento do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello de Santiago de Compostela (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil do da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición.

D/Dª ... con enderezo en ..., e DNI número ..., actuando en nome propio ou en representación de ..., con domicilio en ..., toma parte no concurso convocado polo Concello de Santiago de Compostela para a prestación da asistencia técnica ..., e fai constar que coñece e acepta os pregos de cláusulas administrativas e técnicas e que se compromete a realiza-lo traballo de acordo con eles e polo prezo de ... pesetas.

O/A licitador/a.

Neste contrato enténdese que os contratistas, ó formularen as súas propostas económicas, incluíron o importe do IVE.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente-alcalde