Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, o contrato de servicios seguinte:

Obxecto: presentación do servicio de desratización e desinfección.

Orzamento de licitación: 435.000 pesetas (IVE incluído).

Fianzas:

Provisional: 8.600 pesetas.

Definitiva: 17.200 pesetas.

Prazo de execución: un ano, prorrogable ata un máximo de seis anos.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días naturais contados a partir da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Oleiros, 17 de marzo de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa