O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, o contrato de servicios seguinte:
Obxecto: prestación do servicio de lazo: recollida de cans vagabundos.
Orzamento de licitación: 800.000 pesetas (IVE incluído).
Fianzas:
Provisional: 16.000 pesetas.
Definitiva: 32.000 pesetas.
Prazo de execución: un ano, prorrogable ata un máximo de seis anos.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece días naturais contados a partir da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Oleiros, 17 de marzo de 2000.
Esther Pita Pita
Alcaldesa