Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de licitación das obras de saneamento Lodairo-Gallada, As Lagoas e As Barcias e abastecemento de auga ós Casás-A Rega.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento Lodairo-Gallada, As Lagoas e As Barcias e abastecemento de auga ós Casás-A Rega.

b) Lugar de execución: Concello de Mugardos.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.530.624 pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

a) Provisional: 250.612 pesetas.

b) Definitiva: 501.225 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.

b) Enderezo: avenida de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos, 15620

Teléfono: 981 47 03 38-981 47 02 90.

Fax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E) hidráulicas, subgrupo 1. Abastecementos e saneamentos. Grupo G) vías e pistas, subgrupo 6. Obras vías sen cualificación específica. Categoría contrato de execcución de obra c.

b) Outros requisitos: ver cláusulas 12.2º do prego.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 13 horas dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en dous sobres pechados:

Sobre A, subtitulado: Oferta económica, conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Sobre B, subtitulado: Documentación, conterá a documentación esixida na cláusula 12.2º do prego.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Mugardos.

2ª Enderezo: avenida de Galicia, 45.

3ª Localidade e código postal: Mugardos, 15620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións)

b) Enderezo: avenida de Galicia, 45

Localidade: Mugardos.

d) Data: quinta día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte)

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Secretaría, na primeira planta da casa do concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno o día 31-3-2000

Mugardos, 4 de abril de 2000.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde