Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión celebrada o 2 de febreiro de 2000, aprobou a forma de adxudicación mediante concurso, para a contratación de pólizas de seguro do Concello de Lugo; por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a contratación por parte do Concello de Lugo, como tomador da cobertura dos seguros que a continuación se relacionan:

Lote I: Seguro de danos materiais.

Lote II: Seguro de responsabilidade civil/patrimonial.

Lote III: Seguro de accidentes (varios).

Lote IV: Seguro de flota de automóbiles. Coas prescricións técnicas que se recollen no prego de condicións.

b) Prazo de duración: a duración do contrato será dun ano, período de tempo que se contará desde a data de formalización deste.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o prezo máximo de licitación estará distribuído en relación cos diferentes lotes de seguro da seguinte forma:

Lote I: 5.700.000 pesetas, lote II: 9.000.000 de pesetas, lote III: 2.300.000 pesetas e lote IV: 7.000.000 de pesetas, total: 24.000.000 de pesetas. Non obstante, o prezo do contrato será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

5. Garantías.

Provisional: 480.000 pesetas. (Corrección erro, decreto da alcaldía do 3 de marzo de 2000).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta(concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas, no salón de plenos.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 8 de marzo de 2000.

María Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área