Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAÑIZA

ANUNCIO de concurso.

Aprobado polo concelleiro-delegado o expediente de contratación para a adxudicación, polo sistema de concurso, da execución da obra de construcción de nave en polígono industrial para a instalación de téxtil-confección, exponse ó público polo prazo de 8 días desde a publicación deste anuncio.

Así mesmo, anúnciase a apertura do período de licitación para a presentación de ofertas respecto do antedito procedemento, podendo aprazarse a licitación no caso de que se formulasen reclamacións, mentres estas non fosen resoltas.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello da Cañiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Execución da obra de construcción de nave en polígono industrial para a instalación de téxtil-confección.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

12.469.878 pesetas (doce millóns catrocentas sesenta e nove mil oitocentas setenta e oito).

5. Garantías.

a) Provisional: 249.400 pesetas.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exise.

b) Outros requisitos: acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei 13/1995.

7. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: secretaría xeral do concello.

b) Prazo: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG ou no BOP (a derradeira publicación).

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG ou no BOP (a derradeira publicación).

b) Documentación que hai que presentar: a esixida no prego de condicións.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello da Cañiza, esixida das 9.30 ás 13.30 horas, de luns a sábado, ou ben de calquera das maneiras previstas na Lei 30/1992.

d) Prazo durante o cal está obrigado o licitador a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

e) Modelo de proposición: axustarase ó que figura no prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

A mesa de contratación procederá á apertura das plicas dentro dos trece días hábiles seguintes ó do remate do prazo para súa presentación, no salón de comisións da casa do concello.

10. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que se puidesen xerar pola publicación dos correspondentes anuncios referidos a este procedemento de licitación.

A Cañiza, 10 de marzo de 2000.

Manuel Gregorio Pérez

Tenente-alcalde