Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.416

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televesión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso:

Nº de expediente: 00139C.

Obxecto da contratación: subministración de corenta (40) ordenadores persoais (PCs).

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións será de trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG en horario de 8 a 14 horas.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados en días e horas de oficina (de 8 a 14 horas), no Servicio Común de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, sita no Centro Emisor de San Marcos, Santiago de Compostela.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Manuel Váquez Vieites

Director xerente Económico-Administrativo