1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.
c) Número de expediente: 00/13/742.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de equipos para tarefas de excarceración e rescate.
b) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.
c) Prazo de entrega: trinta (30) días contados desde a data da sinatura do contrato.
3. Procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base da licitación.
Importe total: 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: 120.000 ptas.
b) Definitiva: 240.000 ptas.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Teléfonos: 981 54 45 17/981 54 60 25.
e) Telefax: 981 54 46 96.
f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non.
8. Presentación das ofertas.
a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.
2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados a partir da data de apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.
b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.
d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presen
tación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.
e) Hora: 9 horas.
10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2000.
María José Cimadevila Cea
Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais