Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da obra tratamentos silvícolas (podas) en 75 ha de montes situadas no termo municipal da Fonsagrada.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: tratamentos silvícolas (podas) en 75 ha de montes situados no termo municipal da Fonsagrada.

2.2. Prazo de execución: sete (7) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: doce millóns oitocentas oitenta e cinco mil trescentas cincuenta (12.885.350) pesetas, IVE incluído (77.442,51 euros).

5. Fianza provisional: duascentas cincuenta e sete mil setecentas sete (257.707) pesetas (1.548,85 euros).

6. Fianza definitiva: cincocentas quince mil catrocentas catorce (515.414) pesetas (3.097,70 euros).

7. Obtención da documentación:

7.1. Copistería Copy Nino.

7.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

7.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

7.4. Teléfono: 981 58 89 38.

8. Información:

8.1. Enderezo: rúa dos Basquiños, nº 2.

8.2. Teléfono: 981 54 17 49.

9. Requisitos específicos do contratista:

9.1. Clasificación: non se esixe.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de restauración de cuberta vexetal e tratamentos silvícolas de obras no monte Milleira pertencente ó concello de Vimianzo; podas en 120 ha nos termos municipais de Becerreá, Cervantes, As Nogais, Ourol e O Vicedo; e podas en 75 ha de montes situados no termo municipal da Fonsagrada, a documentación xeral deberá constar nun só sobre A, e no seu exterior deberán figurar relacionadas as obras as que se presenten proposicións e no seu interior a acreditación da clasificación esixida ou fianza provisional, segundo proceda para cada unha delas.

11. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente