Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 252/2000 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espéctaculos públicos; a súa contía e número cítanse de seguido.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 30 de marzo de 2000

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Multa

Koke Vilalba, S.L.B-27206416LU-E 252/9923 e) en relación co 26-e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, Vilalba60.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27206416LU-E 150/9926 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, Vilalba30.000 ptas.

Koke Vilalba, S.L.B-27206416LU-E 157/9926 e) LO 1/1992Cidade de Viveiro, Vilalba35.000 ptas.

Mª Adoración Pardo Casanova34250685LU-E 199/9926 e) LO 1/1992r/ Pontevedra 2-4, Moforte15.000 ptas.

Minimal Pub, S.L.B-27219690LU-E 258/9926 e) LO 1/1992r/ Galicia 9, Lugo45.000 ptas.

Minimal Pub, S.L.B-27219690LU-E 248/9926 e) LO 1/1992r/ Galicia 9, Lugo40.000 ptas.

Mª Jesús Fdez Lanza33839514LU-E 324/9926 e) LO 1/1992r/ Illas Canarias 53, Lugo30.000 ptas.

Inversión Hostelera Cervantes, S.L.B-27194620LU-E 259/9926 e) LO 1/1992r/ Miguel de Cervantes 37, Lugo50.000 ptas.