Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.389

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (210/1999).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño que no xuízo de faltas 210/1999 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome de El-Rei.

En Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 210/1999, no que actuaron como partes, como denunciante, o policía local número 165 e, como denunciado, Ihab Fadl Mohamed Hilis.

Foi parte o Ministerio Fiscal

Decido que debo condenar e condeno a Ihab Fadl Mohamed Hilis como autor responsable dunha falta do artigo 636 do Código penal á pena de multa dun mes a razón de 1.000 pesetas de cota diaria, así como ás custas procesuais, e que deberá facer pagamento unha vez que sexa requirido para iso.

A pena deberá pagarse unha vez que esta resolución sexa firme e, de non facerse así nin cobrarse por vía de constrinximento, cumprirá a pena privativa de liberdade prevista no artigo 53 do Código penal en centro penitenciario.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación.

No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

Publicación no día da data. Déuselle en vista pública lectura á anterior resolución. Dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Ihab Fadl Mohamed Hilis, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado