Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 17 de abril de 2000 Páx. 6.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións dos expedientes TM 09/1999 e TM 10/1999, en materia de transporte marítimo, devoltos polo servicio de correos ó non poder efectuarse a notificación.

-Expediente TM 09/1999.

Intentada a notificación directa á empresa Vapores de Pasaje de Vigo, S.L., da resolución con data do 25 de outubro de 1999, dictada pola Dirección Xeral de Transportes no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral resolve, ó amparo do previsto no artigo 59 (4º) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceder á notificación da dita resolución mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

Vista a Resolución do 29-12-1998 (DOG nº 5, do 11 de xaneiro), da Dirección Xeral de Transportes, relativa ó servicio de transportes na ría de Vigo, e na que se establece a non-admisión de novas

solicitudes de autorización administrativa para a realización do transporte na dita ría, esta dirección xeral resolve denega-la solicitude do 3-8-1999 da empresa Vapores de Pasaje de Vigo, S.L., de autorización para a realización de excursiones pola ría de Vigo con saídas de Vigo, Baiona e Redondela e con escala nas illas Cíes.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución.

-Expediente TM 10/1999.

Intentada a notificación directa á empresa Vapores de Pasaje de Vigo, S.L., da resolución con data do 25 de outubro de 1999, dictada pola Dirección Xeral de Transportes no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral resolve, ó amparo do previsto no artigo 59 (4º) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceder á notificación da dita resolución mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Resolución:

Vista a Resolución do 29-12-1998 (DOG nº 5, do 11 de xaneiro), da Dirección Xeral de Transprotes, relativa ó servicio de transportes na ría de Vigo, e na que se establece a non-admisión de novas solicitudes de autorización administrativa para a realización do transporte na dita ría, esta dirección xeral resolve denega-la solicitude do 3-8-1999 da empresa Vapores de Pasaje de Vigo, S.L., de autorización para a prestación de servicios turísticos entre Vigo e a praia de Rodeira (Cangas).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo máximo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Diretor xeral de Transportes