A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, Servicio de Subministracións, estrada de San Pedro, s/n, E-15405 Ferrol (A Coruña). Tel. 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.
2.a) Modalidade de adxudicación: concurso plurianual, procedemento aberto e ordinario.
3.a) Lugar de entrega: véxase o punto 1, dependencias do almacén xeral, sito no edificio anexo de administración.
b) Obxecto do contrato, número CPA: CPV:
Expediente: CP 3/2000.
Título: adquisición de apósitos, material de cura e compresas cirúrxicas.
Importe total: 38.042.685 ptas. (228.641,14 euros). (IVE incluído).
Apósitos. Cantidade: 532.191 unidades.
Vendas. Cantidade: 48.063 unidades.
Compresas. Cantidade: 467.500 unidades.
c) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado (véxase o anexo estructura da subministración o punto 3.2 da folla de especificacións do prego-tipo).
4. Prazo de entrega: segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
5.a) Solicitude da documentación: véxase o punto 3 a).
b) Data límite de solicitude: 11 de maio de 2000.
6.a) Data límite de recepción das proposicións: ás 14 horas do día 18 de maio de 2000.
b) Enderezo: véxase o punto 1, rexistro xeral.
c) Idiomas: castelán e galego.
7.a) Persoas admitidas á apertura de plicas: acto público.
b) Data, hora e lugar: a apertura farase no lugar sinalado no punto 1, na sala de xuntas, ás 10 horas do día 29 de maio de 2000.
8. Fianzas e garantías.
Fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación ou de cada lote, segundo se indica na folla de especificacións do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares.
9. Modalidades de financiamento e pagamento: por cada remesa do material e sucesivas.
10. Forma xurídica da agrupación: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
11. Condicións mínimas: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo de validez da proposición: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
13. Criterios da adxudicación: os que se establecen no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Variantes: no se admiten variantes.
15. Información adicional: véxase o punto 1.
16. Data de publicación do anuncio de información previa: non se publicou.
17. Data de envío do anuncio: 27 de marzo de 2000.
18. Data de recepción do anuncio:
Ferrol, 16 de marzo de 2000.
Pedro Molina Coll
Director xerente do Complexo Hospitalario
Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos
de Ferrol