Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto mediante concurso público e tramitación urxente. (CP 2/2000).

1. Nome e enderezo do servicio.

Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Servicio de Subministracións.

Praza do Ferrol, 11-4ª planta.

27001 Lugo.

Teléfonos: 982 29 63 29/29 62 19.

Fax: 982 29 62 28.

2. Categoría do servicio e descrición: servicio de limpeza C.P. 2/2000. Orzamento total de 91.500.000 ptas. (549.926,08 euros), IVE e demais impostos incluídos, para un período de doce meses.

3. Lugar de execución:

C.S. Abadín, C.S. Castro de Carballedo, C.S. Chantada, P.A.C. Chantada, C.S. A Fonsagrada, C.S. Guitiriz, P.A.C. Guitiriz, C.S. O Incio, C.S. A Milagrosa, C.S. Illas Canarias, C.S. O Sagrado Corazón, C.S. Fingoi, D.U.E. Fingoi, C.S. Praza do Ferrol, C.S. San Roque, C.S. Mondoñedo, P.A.C. Monforte (cuartos), C.O.F. e Saúde Mental de Monforte, C.S. Navia de Suarna, C.S. Orol, C.S. A Pobra de Brollón, C.S. A Pontenova, C.S. Quiroga, C.S. Ribadeo, P.A.C. Ribadeo, C.S. Sarria, D.U.E. Sarria, Fisioterapia Sarria e C.S. O Valadouro.

4.a) Posibilidade de que, de acordo coas normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Referencia á devandita norma legal, regulamentaria ou administrativa: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Se é o caso, prohibición de variantes: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8.a) Nome e enderezo do servicio no que se poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1 da presente resolución.

b) Data límite de recepción de ofertas: 18 de maio de 2000.

c) Se é o caso, gastos de obtención dos devanditos documentos e modalidades de pagamento:

9.a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar desta apertura: o décimoprimeiro día natural contado a partir da data límite de recepción de ofertas. Ás 9 horas, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria.

10. Garantías esixidas:

-Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

-Definitiva: 4% do orzamento máximo de licitación.

11. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Datos referentes á situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

15. Criterios que se empregarán para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

16. Información complementaria: o importe da publicación da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario.

17. Data de envío do anuncio: 27 de marzo de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

Lugo, 3 de marzo de 2000.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo