Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a subministración de material destinado ó Plan de Salvamento e Praias de Galicia (Sapraga).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 00/13/728.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de material destinado ó Plan de Salvamento e Praias de Galicia (Sapraga).

b) Número de unidades que se van entregar: as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o sinalado pola Administración contratante.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data da recepción da notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 32.500.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: 650.000 ptas.

b) Definitiva: 1.300.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 45 17/981 54 60 25.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará ó décimo terceiro día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

-Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

-Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

f) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da consellería o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.30 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais