Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.241

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública unha relación de adxudicacións definitivas de contratacións de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

-Adquisición do equipamento para varios centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC.-26/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento.

c) Lote: catro lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 111, do 11 de xuño de 1999 e BOE nº 142, do 15 de xuño de 1999 e DOCE nº S 114, do 15 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e seis millóns setecentas oitenta e oito mil seiscentas corenta e catro pesetas, IVE incluído (96.788.644 pesetas, IVE incluído), 581.711,47 euros.

Lote nº 1: 67.200.000 ptas., 403.880,13 euros.

Lote nº 2: 6.820.000 ptas., 40.989.03 euros.

Lote nº 3: 7.105.000 ptas., 42.701,91 euros.

Lote nº 4: 15.663.644 ptas., 94.140,39 euros.

Adxudicación:

Lote nº 1: equipamento odontolóxico.

a) Data: 3 de novembro de 1999.

b) Contratista: Kavo Dental, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sesenta e un millóns trescentas setenta e cinco mil duascentas pesetas, IVE incluído (61.375.200 ptas., IVE incluído), 368.872,38 euros.

Lote nº 2: aparellos de raios X-dental.

a) Data: 26 de outubro de 1999.

b) Contratista: Dentaline, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns cincuenta mil pesetas, IVE incluído (6.050.000 ptas., IVE incluído), 36.361,23 euros.

Lote nº 3: equipamento consulta de fisioterapia.

a) Data: 26 de outubro de 1999.

b) Contratista: Enraf Nonius, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns trescentas noventa e catro mil trescentas setenta e unha pesetas, IVE incluído (6.394.371 ptas., IVE incluído), 38.430,94 euros.

Lote nº 4: diverso equipamento rehabilitación.

a) Data: 26 de outubro de 1999.

b) Contratista: Helios Electromédicas Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: once millóns cincuenta e sete mil cincocentas pesetas, IVE incluído (11.057.500 ptas., IVE incluído), 66.456,91 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte

ó da publicación desta resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos