Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/227-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-4, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: subestación de Treito 66 kV.

Situación: Rois.

Descricións técnicas: subestación eléctrica tipo intemperie, a 66 kV, denominada Treito, constituída por 2 posicións de liña para entrada-saída, 1 posición de liña para conexión ó parque eólico de Monte Treito e 1 posición de media tensión en barras e un transformador para servicios auxiliares de 66/0,380 kV, cos aparellos para protección, telemando, telecongrol e medida. Concello de Rois.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 31 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña