Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Coruxeiras para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 054-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública

a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Coruxeiras coas seguintes características:

Peticionario: Norvento, S.L., r/ Ribadeo, 2 entresuelo 27002 Lugo.

Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(607.450, 4.819.750); V(609.760, 4.819.750)

V(609.760, 4.817.640); V(610.720, 4.817.600)

V(610.720, 4.812.000); V(608.000, 4.812.000)

V(607.450, 4.814.200); V(608.200, 4.815.450)

V(608.200, 4.818.700); V(607.450, 4.818.700)

Superficie afectada: 1.979 ha.

Potencia bruta: 49,5 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 3 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo