Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/31-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Santa Catalina, 130, 15000 Santa Comba.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. de 160 kVA en Avda. Brasil.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 900 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 95 mm Al que parte do C.T. r/ Pontevedra e final no C.T. tipo caseta de 160 kVA sito na Avda. de Brasil xunto gasolineira. Concello de Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña