Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/75-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Enderezo social: Gondar, 36612 Catoira.

Denominación: L.M.T. e C.T. Fontán-Gondar.

Situación: Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio que se vai substituír na L.M.T. existente ó C.T. Gondar, ata o C.T. que se proxecta en Fontán, concello de Catoira. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así memso, por escirto, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 29 de marzo de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A00/75-4 Provincia: Pontevedra

L.M.T. e C.T. de Fontán-GondarTermo municipal: Catoira

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosEnderezoSup.Ocup.

m

Lonxit.

m

Sup.Afect.

m

1Agro VesadaLaborMarina Bouzón LópezGondar. Dimo. Catoira 3661211340

2Agro VesadaLaborJóse López SantiagoGondar. Dimo. Catoira 366121140325