Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 13 de abril de 2000 Páx. 6.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/39-2, 5378 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilarfonxe-Pedraza.

Situación: Monterroso.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. Palas Monterroso e final en C.T. San Lourenzo de 554 m de lonxitude. L.M.T. a 20 kV con orixe L.M.T. a C.T. San Lourenzo e final en C.T. Vilarfonxe de lonxitude 2.131 m en conductor LA-56. L.M.T. a 20 kV con orixe en L.M.T. a Vilarfonxe e final no C.T. de Pedraza, lonxitude de 49 m en conductor LA-56. C.T. de 50 kVA e relación 20.000/380-220 V en Pedraza. C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V en Vilarfonxe. R.B.T. en conductor R.Z. de 2.550 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 13 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo