Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (169/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria o día 24 de febreiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do SU-32 polígono 5 A, do PXOU de Ourense por instancia de Manuel Fernández González, en representación de Viñafersa, S.L.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do SU-32 polígono A por instancia de Manuel Fernández González, en representación de Viñafersa, S.L., logo de constitución de garantía polo importe de vintecinco millóns setecentas noventa e nove mil seiscentas oitenta e cinco pesetas (25.799.685 ptas.) co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 10 de marzo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente