Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O alcalde, mediante decreto de data 25-2-1999, resolveu:

1. Considerar que a modificación puntual da ordenanza 12ª. Usos do Plan Parcial do Polígono Industrial As Gándaras queda aprobada definitivamente por silencio administrativo.

2. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, tendo en conta o disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, así como notificarlla ós interesados que consten no expediente.

3. Comunicar esta resolución á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo con tódolos documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito estremo.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo do solo de Galicia, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos seguintes:

a) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución. (Art. 306 do RDL 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana).

b) Sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro que estime procedente.

O Porriño, 3 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado