Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (66/1999).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 10 de novembro de 1999 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización parcial na rúa Pena Redonda do PXOU

de Ourense, por instancia de Manuel Gómez Delgado en representación de Inmobiliaria Gómez P., S.L. unha vez constituída garantía polo importe de 4.410.282 ptas. catro millóns catrocentas dez mil duascentas oitenta e dúas pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultaneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 9 de marzo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente