Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de 9.500 camisetas para os participantes na campaña de verán-2000.

A Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 18/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: subministración de 9.500 camisetas para os participantes na campaña de verán-2000.

b) Prazo de execución: 20 días naturais a partir da data de adxudicación do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: tres millóns setecentas cincuenta mil (3.750.000) ptas., co IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: cento cincuenta mil (150.000) ptas. (4% do orzamento de licitación).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: rexistro xeral e Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n-Blq. 3-1º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 48 53.

e) Fax: 981 54 58 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: no prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 7ª do prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de estaren inscritos no rexistro de contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. Domicilio: San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 58 43), ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Enderezo: San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: apertura documentación administrativa (sobre A): quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas.

Apertura oferta económica (sobre C): décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas. No caso de coincidir en sábado ou festivo, a apertura das proposicións económicas terá lugar no día hábil seguinte.

e) Hora: as 12 horas.

10. Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2000.

P.D. (Orde 16-12-1997)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude