Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación do servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña, que se citan.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expediente: 12/2000 e 13/2000.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición do obxecto: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís da provincia da Coruña.

b) División por lotes e números: dous.

* Lote 1: expediente 12/2000: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Espiñeira-Boiro e Furelos-Melide (A Coruña).

* Lote 2: expediente 13/2000: servicio de restauración, mantemento e limpeza dos campamentos xuvenís Virxe de Loreto-Porto do Son (A Coruña).

c) Lugar de execución: campamentos xuvenís Espiñeira-Boiro, Furelos-Melide e Virxe de Loreto-Porto do Son (A Coruña).

d) Prazo de execución: do 27 de xuño ata o 31 de agosto de 2000, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais.

* Lote 1: expediente 12/2000: 1.400 ptas./praza/día, IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 14.721.000 ptas. IVE incluído, en función dun máximo de 10.515 prazas.

* Lote 2: expediente 13/2000: 1.400 ptas./praza/día , IVE incluído. Establécese un orzamento calculado de gasto de 12.852.000 ptas. IVE incluído, en función dun máximo de 9.180 prazas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Coruña.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña-15006.

d) Teléfono: 981 18 57 00.

e) Telefax: 981 18 57 02.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: no prazo de vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 10ª do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

2º Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

3º Localidade e código postal: A Coruña, 15006.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: Avda. do Exército, 2-1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 22 de marzo de 2000.

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña