Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 20 de marzo de 2000, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, do concurso, con procedemento aberto, para a contratación da organización e explotación dos festexos taurinos que se celebrará durante as festas de María Pita.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: organización e explotación dos festexos taurinos que se celebrará durante as festas de María Pita.

3. Prazo de execución: dous anos prorrogables anualmente ata un máximo de catro (incluído período inicial e prórrogas) logo de solicitude do contratista e acordo do órgano de contratación.

4. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 16.000.000 de ptas. (IVE incluído)(96.161,94 euros).

6. Garantía provisional: 320.000 ptas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE sitas no edificio Coliseum, Avda. Alfonso Molina, s/n, 15008 A Coruña.

b) Teléfono. 981 13 44 50.

c) Fax: 981 13 60 01.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario

Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IMCE (oficinas sitas no edificio Coliseum, avenida de Alfonso Molina, s/n, 15008 A Coruña).

10. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: casas do concello, Pz. María Pita, 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de marzo de 2000.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

Coruña Espectáculos