Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre a disolución e cancelación da Sociedade Agraria de Transformación (S.A.T.) que se cita.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la disolución e cancelación da Sociedade Agraria de Transformación que se cita a continuación, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscrita no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Vilar, S.A.T. nº 3597 de Vilar de Cancelada-Vilachá-Becerreá (Lugo), presenta o escrito do 25 de xaneiro do ano 2000, con Rexistro Xeral de Entrada do 13 de marzo de 2000, alegando razóns dos herdeiros dos socios mortos. Disólvese de oficio, dada a falta de actualización legal de continuidade por mortis causa dos socios, sen se producir alta de socios e non remiti-las contas anuais da sociedade desde a súa custodia nos arquivos deste rexistro de SS.AA.TT. de Galicia.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Monte de Vilar, S.A.T. nº 3597, disolta de oficio na inscrición anterior, por non cumpri-las legalidades de vixencia con este rexistro; queda igualmente de oficio can

celada neste Rexistro de Sociedades Agrarias de Transformación de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación