Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público e trámite de urxencia, para a subministración de catorce vehículos para uso da policía local.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos para uso da policía local.

b) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

c) Prazo de entrega: un (1) mes desde a notificación da adxudicación.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 30.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 600.000 ptas.

b) Definitiva: 1.200.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 46 42/981 54 45 17/981 54 62 20.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o vixésimo sexto día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9 horas do décimo día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais