Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Arxerey, 5892.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo fai saber que, por Resolución

de 7 de decembro de 1999, foi outorgado o permiso de investigación Arxerey, número 5892, de 126 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Friol e Palas de Rei, da provicia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 7 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado Provincial de Lugo