Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.159

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 29 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Faquín, 4894.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que foi admitida definitivamente a solicitude do permiso de investigación Faquín nº 4894, de 4 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, no concello de Maside (Ourense).

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 00' 00''42º 26' 20''

Vértice 27º 59' 20''42º 26' 20''

Vértice 37º 59' 20''42º 25' 40''

Vértice 48º 00' 00''42º 25' 40''

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 29 de outubro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense