Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.158

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/18-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. A Ermida, As Bouzas.

Situación: Castrelo de Miño.

Características técnicas: dúas liñas aéreas a 20 kV, de 1.310 m e 53 m derivadas: 1ª da liña ó C.T. Vilela, e finaliza no C.T. existente en caseta na Bouza; a 2ª desde o apoio nº 6 da liña ó C.T. A Bouza e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA na Ermida, R/T 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión na Bouza e A Ermida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de marzo de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense