Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.131

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 2000 pola que se revoga a autorización para imparti-las ensinanzas homologadas da área tecnolóxico-práctica da rama de perruquería e estética ós centros privados Fama da Coruña e Fama de Santiago de Compostela.

Unha vez notificadas as resolucións dos expedientes incoados ós centros homologados para imparti-la área tecnolóxico-práctica da rama de perruquería e estética denominados Fama, códigos dos centros 15025840 e 15026832, con domicilio na rúa General Sanxurxo, 36-1º da Coruña e Laverde Ruoz, 4 de Santiago de Compostela, respectivamente, nas que se declara probada a existencia de diversas irregularidades no seu funcionamento que dan lugar á revogación da autorización.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 707/1976, do 5 de marzo (BOE do 12 de abril), sobre ordenación da formación profesional; Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia, do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia, do 15 de decembro), pola que se desenvolve o dito decreto e a Orde do 24 de febreiro de 1994 (Diario Oficial de Galicia, do 16 de marzo), pola que se regula o funcionamento e actividades docentes nos centros que teñen homologada a área de coñecementos tecnolóxicos e prácticas da rama de perruquería e estética.

Esta consellería,

DISPÓN:

Facer pública a revogación da autorización concedida ós centros privados Fama da Coruña e Fama de Santiago de Compostela.

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria