Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 12 de abril de 2000 Páx. 5.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de marzo de 2000 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas para o curso 2000-2001.

A base segunda da Orde do 20 de outubro de 1999 (DOG do 28), pola que se convocaba concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, ensinanzas artísticas e idiomas, determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1999 e as que resulten da resolución do concurso de cada corpo polo que se concursa no ámbito da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V e VI desta orde as vacantes definitivas para o curso 2000-2001 nos colexios públicos integrados, institutos de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Director xeral de Persoal