Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes e espacios libres do polígono 42 do PERI do Calvario (expediente 5246/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de febreiro de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudio de detalle de ordenación de volumes e espacios libre do polígono 42 do PERI do Calvario, aprobado definitivamente polo Concello-Pleno con data do 28 de decembro de 1998, presentada pola Xunta de Compensación do polígono, redactada polo arquitecto José A. Martín Curty, con data de visado polo COAG de 24 de xuño de 1999, conforme a documentación da súa aprobación inicial (expediente 5246/411).

Contra o devandito acordo que pon fin a vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 10 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alclade-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo