Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

O Pleno do Concello, en sesión do 27 de decembro de 1999, aprobou definitivamente o estudio de detalle da parcela A Granxa en San Marcos, promovido por Rosalía Viña Guiance.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 61, do día 15 de marzo de 2000, o texto íntegro da normativa urbanística do estudio de detalle definitivamente aprobado.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

No suposto en que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo mentres non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde