Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.078

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Entidade adxudicadora: Concello de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto o alleamento mediante poxa por procedemento aberto, da parcela denominada B da reparcelación da unidade de xestión número 20 (UX-20), na rúa Ánxel Baltar.

Orzamento de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento, que se entende como tipo de licitación, é de 45.000.000 de ptas.

Neste prezo non están incluídos os custos de urbanización (15% dos gastos de urbanización da UX-20) nin o IVE (o 16% do prezo de adxudicación, que ascende á cantidade de 7.200.000 ptas.) que serán por conta do adxudicatario nas condicións establecidas neste prego.

O tipo de licitación enténdese como mínimo, debendo realizarse as ofertas á alza.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: deberán ser presentadas de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello, no prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contar e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Apertura de ofertas: terá lugar na casa do concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación das proposicións.

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Tfno.: 981 54 23 24; fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. Rúa Nova de Abaixo nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Tfno.: 981 59 23 93.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado