Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.077

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do PERI da U.A. 2 do PXOU sita entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e avenida de Compostela.

O Pleno da Corporación, en sesión do vintecinco de marzo de dous mil, adoptou do seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións ou reclamacións formuladas na fase de exposición pública do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 2 do PXOU, subseguinte á súa probación inicial pola Comisión de Goberno, polos propietarios de terreos incluídos no seu ámbito poligonal, Anselmo Gago Lojo, Domitila Romero Muíños, Carlos Alfredo Fernández García e Manuel Fernández Pérez, por canto de conformidade cos informes emitidos polo Servicio Municipal de Xestión Urbanística e Dirección Xeral de Urbanismo da CPTOPV recollidos nos antecendentes de feito deste acto administrativo e que serven de motivación a este,

nos termos do artigo 89.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e motivacións xurídicas del, este plan especial non vulnera disposición ou determinacións do planeamento superior de ordenacion integral do municipio contendo as determinacións propias desa categoría de instrumentos urbanísticos de desenvolvemento.

Segundo.-Prestar aprobación definitiva ó denominado texto refundido do Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Actuación número 2 do PXOU, situada entre as rúas Juan Bautista Andrade, Luis Otero e avenida de Compostela que contén entre as súas determinacións a delimitación de dous polígnos para a súa xestión a través do sistema de actuación denominado de compensación sendo este instrumento urbanístico de desenvolvemento formlado, mediante iniciativa particular, por Prycoga, S.L. e redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro, e visado pola Delegación en Pontevedra do COAG con data do 24-9-1998 como refundido dos documentos anteriores e cadros nº 1, 4.2.1, 4.3 e planos 6.1 e 6.2, presentados o 26-10-1998 a través do Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, que reforman e anulan os seus correlativos anteriores, facéndose constar expresamente que o réxime aplicable ó ámbito do plan será o establecido na disposición transitoria segunda, punto 1.b), da Lei 1/1997,

do solo de Galicia, coa particularidade de que o aproveitamento dos propietarios do solo será o 90% do medio do polígono e será de aplicación o réxime do solo urbano non consolidado, estimandose así a reclamación formulada nese sentido pola sociedade promotora deste plan, de modo que calquera referencia ó aproveitamento lucrativo non susceptible de apropiación pola propiedade e de cesión a este concello, na súa condición de Administración urbanística actuante, será do 10 por 100, anulándose calquera referencia en contra dos documentos aprobados.

Terceiro.-Notificarlles este acto administrativo ós propietarios afectados e organismos interesados co ofrecemento do réxime procedente de recursos, e publicalo no Diario Oficial de Galicia, con traslado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda dunha copia adverada do expediente administrativo completo e dous exemplares do plan especial aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados; disponse a publicación das súas normas e ordenanzas no BOP para logar-la súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer, directamente por quen se considera lexitimado, o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro

da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes conforme a dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 31 de marzo de 2000.

Miguel Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral