Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación, por concurso aberto, da asistencia técnica e informes previos necesarios para a implantación do auditorio-pazo de congresos e instalaciones complementarias na avenida de Beiramar de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: novos proxectos urbanos. Nº expediente: 2/114-2000.

2. Obxecto do contrato: descrición: asesoramento ó concello e execución de traballos de elaboración de documento sobre análise estructural e arquitectónica do edificio denominado Casamar, informe sobre as operacións de reurbanización na vía contorno do dito edificio e propostas das actuacións que se van desenvolver na avenida de Beiramar de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: un ano para o asesoramento e dous meses para a entrega dos estudios e informes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 22.000.000 de ptas. (132.226,66 euros).

5. Garantías.

Provisionais: non se esixe.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicita-la documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995 e os que se concretan na cláusula VIII-2 e) do prego de condicións.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP e DOG.

Documentación: a esixida na cláusula VIII do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase o punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula VIII-4 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 5 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde