Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.072

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, da Xerencia de Atención Primaria de Ourense, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación urxente, para a contratación dun servicio de mantemento de equipos de ecografía (CP-M-3/2000).

O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foro delegadas conforme o establecido na Ode do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para o servicio que a continuación se cita:

Expediente: concurso público M-3/2000 (CP-M-3/2000).

Obxecto: servicio de mantemento de ecógrafos.

Duración do contrato: dous anos.

Orzamento: 6.120.000 ptas. (IVE incluído), (36.781,94 euros).

Garantía provisional: 122.400 ptas. (735,64 euros).

Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto e trámite urxente.

Admisión de variantes: admítense, sempre que supoñan mellora dos aspectos mínimos recollidos no prego de prescricións técnicas.

Solvencia económica e financeira: observarase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia profesional e técnica: observarase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican.

* Avaliación memoria execución servicio: 60%.

* Localización servicio técnico: 25%.

* Prezo do servicio: 10%.

* Revisión de prezos: 5%.

Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser retirados no Departamento de Compras da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na Avenida de Zamora, 13-3º, 32005 Ourense, teléfono: 988 38 64 36/fax: 988 38 64 50, de luns a venres das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, na forma indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para o efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 27 de marzo de 2000.

José Fermín Troncoso Casares

Director xerente de Atención Primaria de Ourense