O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos
correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para o servicio que a continuación se cita:
Expediente: concurso público M-2/2000 (CP-M-2/2000).
Obxecto: servicio de mantemento de diversas salas de raios.
Duración do contrato: dous anos.
Orzamento: 6.360.000 ptas. (IVE incluído), (38.224,37 euros).
Garantía provisional: 127.200 ptas. (764,49 euros).
Forma de adxudicación: concurso público por procedemento aberto e trámite urxente.
Admisión de variantes: admítense, sempre que supoñan mellora dos aspectos mínimos recollidos no prego de prescricións técnicas.
Solvencia económica e financeira: observarase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia profesional e técnica: observarase o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
Criterios de adxudicación: a adxudicación realizarase tendo en conta os criterios que a continuación se especifican.
* Avaliación memoria execución servicio: 60%.
* Localización servicio técnico: 25%.
* Prezo do servicio: 10%.
* Revisión de prezos: 5%.
Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser retirados no Departamento de Compras da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, sita na Avenida de Zamora, 13-3º, 32005 Ourense, teléfono: 988 38 64 36/fax: 988 38 64 50, de luns a venres das 9 ás 14 horas.
Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro da xerencia, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo, na forma indicada no punto 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación reunida para o efecto, en acto público, na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria en Ourense, a partir das 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
Documentación que terán que presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 27 de marzo de 2000.
José Fermín Troncoso Casares
Director xerente de Atención Primaria de Ourense