Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.071

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 17 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do laudo recaído no expediente 3499280, no acto da vista no procedemento de arbitraxe do 17 de decembro de 1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á empresa Europea de Gas Butano, S.L. (que non puido ser notificada no seu último domicilio coñecido), o seguinte laudo en equidade: estímase a reclamación formulada por Agustín Pombo López, entendendo que a instalación levada a cabo pola empresa Europea de Gas Butano, S.L. na cociña do reclamante non se axusta á normativa vixente, motivo polo que deberá proceder a unha nova instalación de acordo coa dita normativa, ou, no seu defecto, á devolución da cantidade cobrada ó reclamante pola súa instalación. O dito laudo foi adoptado por unanimidade.

O prazo para o cumprimento deste laudo é de 15 días a partir da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes este laudo, facéndolles saber que ten carácter vinculante e executivo e que é eficaz desde o día da súa notificación, así como que contra el cabe o recurso de anulación de acordo co previsto no artigo 45 e seguintes da Lei 36/1988, de arbitraxe, do 5 de decembro.

E para que conste, asinan este laudo os membros do Colexio Arbitral, ante o seu secretario, na sede da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia en Santiago de Compostela: o presidente, Carlos Martul Álvarez de Neyra, a vocal representante dos consumidores, Paula Villasesín Parrado, e o vocal representante dos empresarios, Alfredo Pichel Sousa.

Expediente: 3499280.

Reclamado: Europea de Gas Butano, S.L.

Enderezo: Ulpiano Villanueva, 1, 15705 Santiago de Compostela.

A Coruña, 17 de marzo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña