Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.059

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000 pola que se anuncia a contratación da asistencia técnica, por concurso público aberto, que terá por obxecto a realización dunha revisión de control financeiro no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase a contratación dunha asistencia técnica, por con-

curso público aberto, que terá por obxecto a realización da revisión de control financeiro do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia correspondente ó exercicio 2000.

1. Entidade adxudicadora.

Consellería de Economía e Facenda.

2. Obxecto dos contratos.

Descrición: realización dunha revisión de control financeiro da Conta FEOGA-Garantía no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación.

O orzamento máximo de licitación é de 14.500.000 ptas. O importe entenderase co IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento establecido.

Definitiva: 4% do orzamento establecido.

6. Obtención de documentación e información.

a) Consellería de Economía e Facenda. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

b) Domicilio: edificio administrativo nº 3 San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15705.

d) Teléfono: 981 54 41 79.

e) Telefax: 981 54 41 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas.

Outros requisitos: estar inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela).

10. Gastos do anuncio: o gasto do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda