Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas para o levantamento das actas previas á ocupación, polo trámite de urxencia, dos bens afectados polas obras de mellora de acceso ó polígono industrial do Campiño desde a C-531. Pontevedra-Ponte Caldelas, no termo municipal de Ponte Caldelas. (Clave PO/00/35.6).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B Construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 21 de xaneiro de 2000, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 25 de febreiro de 2000 (Decreto 47/2000), acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos

bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e no 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, facendo uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados e os prexuízos resultantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: casa do concello de Ponte Caldelas.

Día 24 de abril de 2000, das 10 ás 11 horas:

O predio nº 1.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada, para actuaren no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 27 de marzo de 2000.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra