Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.059

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (5/2000).

En virtude do acordado por Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 5/2000 que se segue perante este xulgado sobre lesións en agresión, cítase o denunciante/denunciado Paulino González Paz, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o próximo día 13 de xuño ás 10.30 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que intente valerse, facéncolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952. Poderá vir asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino en Noia o vintedous de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado