Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2000 Páx. 5.058

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE MADRID

EDICTO de poxa (1062/1997).

Eu, Pablo Ureña Guriérrez, maxistraxo-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Madrid, fago saber que no dito xulgado e co nº 1062/1997 se tramita procedemento de menor contía por instancia de Empresa de Colaboraciones Comerciales, S.A., contra Manuel Armada García, no que por resolución desta data se acordou sacar a poxa pública por primeira vez e polo termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 29 de maio ás 10 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro.-Que non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segundo.-Que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta dese xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A. nº 2436, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirvan de tipo, facéndose consta-lo número e o ano do procedemento; sen este requisito non serán admitidos e non se aceptará entrega de diñeiro en metálico nin cheques.

Terceiro.-Unicamente o executante poderá concorrer coa calidade de lles cede-lo remate a terceiros.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa realización, se poderán facer licitacións por escrito en prego pechado, facendo o depósito o que se fixo referencia anteriormente.

Os autos e a certificación rexistral que suple os títulos de propiedade estarán de manifesto na secretaría do xulgado onde poderán ser examinados, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houber, quedarán subsistentes sen se destinar á súa extinción o prezo do remate, e entenderase que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas.

Para o suposto de non haber ofertantes na primeira poxa, sinálase para a realización dunha segunda o día 26 de xuño ás 10 horas; servirá de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa e serán de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente, e no caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a realización dunha terceira o día 4 de setembro ás 10 horas. Esta poxa terá lugar sen suxeición a tipo e quen desexe tomar parte nela deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese ter lugar a poxa no día e hora sinalados, entenderase que terá lugar o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Faise extensivo este edicto co fin de lle notifica-lo sinalamento das poxas ó demandado cos fins pre

vidos no artigo 1498 da Lei de axuizamento civil no caso de resultar negativa a notificación persoal.

Bens que se sacan a poxa e o seu valor.

Metade indivisa do predio rexistral número 52.277, inscrito no Rexistro de Propiedade número 3 de Vigo, no tomo 1.629, folio 694, folio 20.

Valor: trinta e tres millóns trescentas corenta e oito mil cincocentas sesenta e dúas pesetas (33.348.562).

Dado en Madrid o catro de marzo de dous mil.

Pablo Ureña Gutiérrez

Maxistrado-xuíz

O/A secretario/a

Rubricado