Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 2000 Páx. 4.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2000, do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Fraiás (Abadín-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Fraiás (Abadín-Lugo) que, co obxecto de que tomen posesión delas, se poñen á disposición dos respectivos propietarios os predios de substitución, fixándose como data límite para a dita toma de posesión a do 29 de abril de 2000, se hai falta de acordo do seu propietario e o novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 2 de maio de 2000, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento, entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto. As denuncias contra os propietarios que impidan a toma de posesión deberán facelas os novos propietarios no prazo sinalado no segundo parágrafo deste escrito.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución lles outorga ós que no acordo de concentración figuren como adxudicatarios os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, se hai falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 20 de marzo de 2000.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Desenvolvemento Rural de Lugo

Visto e prace

P.S.R.

Juan-José Cabañó Fernández

Secretario da Delegación Provincial de Lugo